miércoles, 7 de abril de 2010

O privilexio da terra: O Courel










Hai que cumprir con eses pequenos soños, e ir a soñar de vez en cando. O Courel resiste coma fai anos. E impresionante. Hai problemas, como en todo y todos, pero a xente segue a pelexar por conservalo como está. Parque Natural, sí ou non, o que importa e O Courel e, ollo, e moito, a xente que pasa todo o ano alí para que nos disfrutemos uns días.
Gracias a Asociación da Prensa de A Coruña e a Turgalicia tiven a posibilidade de pasar por Vilamor, unha das capitais do Courel. Capital, sen dúbida. Nada de aldeíña.
Gracias a Manolo, Cristóbal, Fran, José Gerardo, Merelles... Os compañeiros de profesión, e tamén á sorte, por ahí andivemos, nun eido onde ninguén nos veu, que diría Novoneyra.
Gracias a Dosinda, Carlos, Marta, Uxía, Sabela e Nerea sentímonos na casa e sentimos a terra do Courel.
Gracias a Manolo Loureda botamos a rir con bágoas, pasámolo en grande unhos minutos fermosísimos.
Gracias ó Lor pescamos moi ben, non moito, que iba desmadrado pola auga de neve que ven de Pía Páxaro para abaixo, de todos os tesos cumios do Courel.
Gracias os Castiñeiros, as abellas, os galiños, as terneiriñas, os xabaríns, tivemos aporte para poder ir a abrazar árbores e bica-los eidos do Courel.
A promesa é a de voltar, e non por casualidade nin cada dez anos. Xa estou na casa. Xa boto de menos outra das miñas casas.
Sentime ben, no Courel, o pouco que son.