martes, 30 de marzo de 2010

Imos ó Lor con Novoneyra

Querido Uxío.
Ti ben sabes que teño moita ilusión por esta volta.
Xa me coñoces i eu ben a ti, somos todo arela de verde, de outear entre as rebolas, bulir polos taramoucos do Courel.
Levo tempo agardando, ata xanzado estiven fai pouco, atrelado, que dirías ti, e cando pensaba nos tesos de Quiroga e Folgoso, de Vilamor, víñame a forza.
Volto Uxío.
Lor, Louzara, venas da terra na que bica-las troitas antes de deixalas na seriña rebolegando co sol.
Volto, Uxío.
Volto a O Courel.