lunes, 21 de junio de 2010

Éxito do maratón de Remanso

Finalmente, foron 46 os pescadores que se deron cita este sábado no encoro de Portodemouros para participar no II Maratón de Pesca por Parellas posto en marcha polo establecemento especializado en caza e pesca Remanso, con sede no concello de O Pino. Nunha xornada marcada polas altas temperaturas, os participantes, organizados por parellas, competiron capturando tanto escalos como troitas. En total obtivéronse 35 quilos de escalos e 5 de troitas. En escalos, a parella gañadora presentouse como “Os de Quión”, e estaba formada por Iván Tojo e Esteban Tojo. En segundo lugar clasificáronse “Arrasadores da escama” de Antonio Regueiro e Juan M. Sánchez e en terceiro lugar, “O Peixe”, conformada por Alfonso Garrido e J.Manuel Ramos. En canto á modalidade de troita, o primeiro premio recollérono “Ranqueiro”, Manuel Costa e J.Manuel Rey ; en segundo lugar situouse a parella “Dream Team”, formada por Antonio Suárez Iglesias e Luis Cea e en terceiro lugar, “Os de Quión”, Iván Tojo e Esteban Tojo. Todos eles obtiveron o seu correspondente trofeo así como diferente material de pesca. Segundo Ramón Carril, organizador do Maratón, “a valoración é sumamente positiva, posto que era a segunda vez que se organizaba unha iniciativa destas características, que foi moi ben acollida polos pescadores. Estou moi agradecido a todos pola súa participación e o bo ambiente e o compañerismo que se crea durante a competición. Espero repetir este evento máis veces no ano e incluso crear unha liga de pesca, algo no que xa estou a cavilar”. Asemade, o responsable de Remanso aproveita para agradecer a todolos patrocinadores a sua colaboración .