TARDE E ARRASTRO … E HASTA MAL
O motivo desta comunicación da nosa sociedade é dar conta do estado dos traballos de descontaminación que se teñen levado a cabo no río Xuvia con motivo do verquido de aceites detectado en data 7 de Marzo e que procedían do vandalismo e roubo nos equipos de transformación que abastecen de electricidade ó equipo de bombeo de auga potable sito na Presa do Rei, equipo que abastece a rede de abastecemento de Ferrol, xestionada pola empresa Emafesa por delegación do Concello de Ferrol.
Rematada a parte principal dos traballos de control da vertedura e xa en frío parece que é tempo de reflexionar acerca de como se xestionou esta emerxencia e facer unha crítica serea acerca dos graves erros que ó noso xuizo se cometeron na xestión desta vertedura, así como de pedir responsabilidades a quen corresponda.
O feito e que este roubo liberou ó cauce do Xuvia unha cantidade indeterminada de aceite dieléctrico que parteu dun embolsamento nun recheo existente na ribeira provocado polo vandalismo dos que roubaron o cobre que contiñan os trafos da estación de bombeo. Recordamos que este aceite aparte da contaminación por hidrocarburos que produce, é unha sustancia considerada potencialmente carcinóxena polo seu contido en PCB"s (policloruros bifenilos). Fronte á relaxación coa que se tratou esta vertedura debemos informar ó público da perigosidade do contaminante verquido.
En primeiro lugar tratouse de conter o verquido mediante a instalación dunha barreira flotante e absorbentes de placa, en combinación coa aspersión de dispersantes químicos. Ata onde poidemos averiguar estes estan homologados para o seu uso fluvial. Estas tarefas foron despregados pola empresa Amarradores del Puerto, sa, e comenzaron ás 15:00 h do día 8 de Marzo, pero facemos notar que a vertedura foi notificada ó 112 por parte do Servizo de vixiancia fluvial de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural ás 18 h do día anterior. Isto supón que a vertedura, con sustancias potencialmente carcinóxenas como xa vimos, estivo sen control e circulando cara a Ría de Ferrol unhas 19 horas.
Que casualidade que este despregue teña lugar logo de que poñemos o asunto en coñecemento dos medios de comunicación (Noticiario da TVG do díao de Marzo ás 13:56)
Pola súa parte o embolsamento no recheo areoso foi retirado mediante unha retroexcavadora nos días 8 e 9 e trasladado a xestor autorizado de residuos.
No seu lugar verteuse un conglomerado de zahorra e pedra procedente de canteira. Asemade para evitar a migración de novos restos que puideran estar baixo a construcción, selouse mediante xeotextil impermeable o perfil mais cercano á sala de transformadores.
Estes traballos foron asumidos pola empresa Emafesa, admistradora do sistema de bombeo.
Tamén a resultas do vandalismo do roubo foron arroxados ó cauce do río un nº indeterminado de disipadores de calor ou restos de bobinado e carcasas, que impregnados en aceite, estaban a crear irisacións no cauce fluvial.
En data 10 de Marzo , e visto que nin desde a Administración (Augas de Galicia), nin desde Emafesa, se facía nada por retirar estes elementos contaminantes, tomouse a decisión desde esta Sociedade, de proceder á retirada destes elementos contaminantes mediante o uso de imáns nun primeiro momento, para a posteriori, programar unha inmersión coa axuda de socios . Mediante esta intervención realizada en apnea, retiráronse unha cantidade de placas metálicas non inferior ás 200 ud., así como restos de carcasas, aillantes de cerámica e outros restos metálicos impregnados de aceite. Estes restos foron depositados na explanada pavimentada cercana á caseta do CT, para que fosen trasladados a xestor autorizado pola empresa EMAFESA.
Recordamos que nesta data a empresa Emafesa e o Concello de Ferrol facían declaracións triunfalistas na prensa, declarando ‘’ El Concello de Ferrol da por zanjado el control y la limpieza del vertido’’ sic. O feito é que como vimos nesta data os nosos mergulladores estaban a retirar restos contaminados que estaban perfectamente visibles.
Posteriormente foi visible que tras estes traballos de retirada quedan restos no fondo do río que non foron detectados durante os traballos de mergullo e que afloraron pola dinámica do río en canto se mobilizaron os lodos do fondo.
A pregunta que nos facemos é a seguinte: Se xa notificamos a Augas de Galicia o día 10 deste feito, ¿a que esperaban?, a que pasaran outras 19 horas, como as necesarias para poñerse a traballar colocando as barreiras anticontaminación?; E que todo o control e programación dos traballos de descontaminación vai ter que recaer sobre nós, que simplemente coidamos do noso río?
Como dixo un amigo : ¡ A min os técnicos ¡, Pero empezo a dubidar de que haxa en Augas de Galicia e nos servizos de emerxencia do 112 un verdadeiro staff de técnicos en emerxencias químicas.
Finalmente parece ser que a empresa Emafesa mandou á zona un equipo de mergulladores a rematar o traballo de retirada de restos
Non foi sen tempo ¡¡¡
Queremos informar tamén que nestes momentos non cesaron as irisacións que parten das raíces de ameneiros a traverso dos que saeu o aceite, e que por razóns de conservación da ribeira non foron retirados. O que fai a barreira e os absorbentes totalmente imprescindibles.
Seguiremos informando.
ELOI SAAVEDRA / PRESIDENTE SOCIEDAD DE CAZA E PESCA XUVIA