Terio Carrera, pregoeiro en Leiro 2011
O xornalista Terio Carrera será o encargado de dar o pregón das Festas do Carme en Leiro. O profesional da comunicación e un dos referentes no audiovisual galego, o rostro máis coñecido dos deportes, sendo un especialista en retransmisións deportivas tanto na radio como na televisión. Autoridade no mundo do fútbol, ciclismo, deportes náuticos e unha longa lista, Terio é además un home querido e respetado, tanto polos seus compañeiros de profesión como pola innumerable audiencia que sempre tivo e ten nos medios nos que traballa habitualmente. A súa trayectoria no Grupo Radio Televisión de Galicia é unha das máis sólidas e recoñecidas do xornalismo deportivo galego. Leiro recibirá ao seu pregoeiro o venres, día sete de outubro, na noite de festa da parroquia rianxeira.