lunes, 28 de enero de 2013

XORNADAS DE LIMPEZA EN ROIS

NOTA DE PRENSA PARA TOMAR NOTA.
CLUBE LONDRA DE ROIS:

O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, organiza as "X XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RIOS DE ROIS". O vindeiro sábado será a primeira das duas xornadas das que se compón esta actividade, onde afrontarán a limpeza do río Rois, concentrándose previamente os participantes na praia fluvial de Seira as 16:00 horas. A segunda das xornadas tera lugar o día 23 de febreiro, concentrándose na ponte de Basa para levar a cabo a limpeza do río Valeirón.
O rematar cada unha das xornadas, o Club de Pesca Deportiva LONDRA, invitará a todos os participantes a unha merenda en agradecemento pola sua colaboración.
Esta é a primeira das actividades que o Club de Rois ten programado para este ano 2013, no que se cumple o seu décimo aniversario e que se completará co mantemento do Couto de pesca de Rois, acondicionando as sendas para os pescadores e repoñendo a súa senalización, tamén se levarán a cabo os respectivos campeonatos de pesca sociales e locales, así como as acostumbradas participacións en campeonatos de pesca por toda a xeografia galega.