domingo, 6 de mayo de 2012

Leiro. Leiriño. Leiro.

Hoxe falei coa miña xente.
Fíxome moita ilusión.
Xa me tarda.
Eu acabaréi vivindo en Leiro.
Ao tempo...


Polo tanto cumpre dicir, música do Vicente Vidal, coro e 'orchressstra', adianteee!!! Meus:

Teño un recuncho de terra
que me aquela cada día.
Cos bicos do Mar de Arousa
co ventiño na noitiña.

Unha gamela que brinca
cando o ar e mais mareiro.
E unha xentiña que agarda
coma o porto ó mariñeiro.

Vexo Rial dende o alto
¡Coma ver o mundo enteiro!
E as estreliñas de Rianxo
dinme que xa estou en Leiro.

Leiro, Leiro
levo no meu corazón.
Un anaquiño de ría
un pedaciño de amor.

Leiro, Leiro
lévote no corazón.
Prendido na miña ialma
Leiro, Leiriño, Leiro.

Teño unha Virxe do Carme
vai conosco toda a vida.
Como a nosa Guadalupe,
como A Miña Moreniña.

Un cabazo de queimada
cando a tarde vai moi fría.
E no Vicente Vidal
unha boa Romaría.


Vexo Rial dende o alto
¡Coma ver o mundo enteiro!
E as estreliñas de Rianxo
dinme que xa estou en Leiro.

Leiro, Leiro
levo no meu corazón.
Un anaquiño de ría
un pedaciño de amor.

Leiro, Leiro
lévote no corazón.
Prendido na miña ialma
Leiro, Leiriño, Leiro.


Con respeto, gratitude e o cariño dun fillo 'adotivo' de Abuín.
De Abuín de Leiro.
O pobo con mellor número de persoas por metro cadrado.